maio 31, 2012

Almuinha rejeita Dia das Forças Armadas Espanholas em Marim

Desde a A.C. Almuinha queremos manifestar o nosso mais profundo rejeitamento aos actos que vam ter lugar na nossa vila com motivo do .

Parece que o PP está empenhado em celevrar periodicamente actos circenses, como foi nom hai moito tempo o acto de restituiçom do nome de Jaime Janer a umha rua da nossa vila, com os que distraer à populaçom nos tempos tam graves que estamos a viver. Mentres tanto, outros assuntos de maior importáncia som esquecidos, e o governo municipal do PP segue sem ter tempo para receber a nossa associaçom, nim sequera para fazer umha chamada telefónica, que leva meses reclamando umha reuniom, e véndo-nos na obriga de ter que recorrer ao Valedor do Povo, que vem de comunicar-nos que admitiu a trámite a nossa queija.

A A.C. Almuinha é umha associaçom sócio-cultural, e a alguém póde-lhe resultar estranho que umha associaçom deste carácter tome possicionamento em questons como estas, mas é um facto inquestionável que as manifestaçons culturais dos povos estám directamente influidas pola sua situaçom sócio-política; por isto nom podemos ficar à margem de certos temas que vam além do estritamente cultural. A situaçom económica, social, cultural e lingüística do nosso pais vem determinada pola situaçom de dependência respeito a Espanha; malia que isto resulta dumha obviedade escandalosa, nom está de mais que o repitamos as vezes que sejam necessárias.

É por isto que o atraso económico da Galiza vem determinado pola situaçom de falta de soberania política da nossa terra; que a situaçom dramática da nossa lingua está directamente relacionada com a imposiçom do castelám na Galiza... E as Forças Armadas Espanholas tenhem por misom ,estabelecida na Constituiçom Espanhola no seu artigo 8, de "garantir a soberania e independência de Espanha, defender a sua integridade territorial e o ordenamento constitucional"; é dizer, as Forças Armadas Espanholas som as encarregadas de, mediante as armas, asegurar a dependência do nosso pais a Espanha. Por isto, nom queremos as Forças Armadas Espanholas na Galiza.

Mas se o espectáculo circense que vai ter lugar nas ruas de Marim o vindeiro sábado nom fosse suficiente, consideramos insultante nos tempos nos que estamos, nos que na Galiza hai mais dum 20% de pessoas em situaçom de desemprego e umha porcentagem moi importante de pessoas que ano tras ano vem-se obrigadas a emigrar para poder sobreviver, posto que sua terra nom atopam trabalho, que se vaia organizar conferências dirigidas aos estudantes da nossa vila para oferecer-lhes como umha saida "laboral" a entrada no Exército Espanhol.

Isto é o que nos oferece o Estado Espanhol aos/às galegos/as? Dependência, paro, emigraçom, infravaloraçom do próprio... e trabalho no Exército? Para rematar, queremos fazer um chamamento à populaçom para que nom participe nestes actos e manifeste o seu rejeitamento a este tipo de actos.

maio 28, 2012

COMUNICADO DE APOIO À MARCHA CONTRA CELULOSAS



Este ano novamente a Associaçom Cultural Almuinha vai acompanhar a Marcha contra Celulosas o Sábado 2 de Junho com saída às 19:30 desde a Alameda de Marim, pois partilhamos com a Asociación pola Defensa da Ría (APDR) que este é um ano crítico respeito à manutenção da fábrica na sua actual localização.

Apoiar a Marcha este ano é dizer-lhe ao governo central e autonómico que a cidadania não quer manter por mais tempo a ENCE na ria e que não entenderia que se modificasse a Lei de Costas para permitir mais 30 anos de contaminação, enfermidades e alergias ao pé da ria.

Apoiar a Marcha este ano também é denunciar e querer impedir a desfeita ambiental que ENCE está a provocar por toda Galiza com monocultivo de eucalipto, espécie pirófita, e agora com a sua campanha de fumigações aéreas de um produto tóxico, persistente, bio-acumulável e de elevado risco aquático. Estas fumigações incluem zonas habitadas, cursos fluviais e espaços da Rede Natura com a única justificação de proteger os seus interesses económicos a custa da saúde das pessoas e da biodiversidade galega.

Este ano mais que nunca Almuinha encoraja a todos os vizinhos e vizinhas de Marim a acompanhar a Marcha contra Celulosas em defesa do ambiente e da saúde das pessoas.

2018? AGORA!

maio 24, 2012

O Valedor do Pobo admite a trámite a queixa da A.C. Almuinha contra o concello de Marín

O pasado 3 de maio presentábamos ao Valedor do Pobo a nosa queixa contra o Concello de Marín ante a súa negativa a recibirnos e ofrecernos información acerca das subvencións.

Con data do 21 de maio recibimos a notificación do Valedor do Pobo pola que se nos informa de quea queixa reúne os requisitos formais e que iniciará as actuacións oportunas ante o Concello de Marín, ao cal solicitará un informe acerca desta actuación.

Unha vez máis, dende A.C.Almuinha facemos un novo chamamento e agardamos que o goberno local, que tanto “presumiu de talante” nas eleccións municipais, se decida a manter unha reunión con nós.

O noso obxectivo non é outro que por unha banda, coñecer por qué non resolven á convocatoria do ano 2009, por qué non convocaron as de 2010 e 2011 e a que entidades se lles concedeuaxudas individuais e baixo que criterio. E por outra banda, esixir que, sendo coñecedores/as da situación de desamparo na que deixa a paralización do expediente a moitas entidades coma a nosa,retomen o expediente e o resolvan.

maio 07, 2012

Almuinha organiza a Festa da Lingua en Marín este sábado 12 de maio






Baixo o lema “O galego, a nosa forma de estar no mundo”, a A.C. Almuinha organiza este sábado 12 de maio a 5ª Festa da Lingua. Con este lema queremos reivindicar a nosa lingua como extensa e útil, unha lingua viva e en movemento que nos permite comunicarnos entre nós e co resto do mundo.

Esta festa, coma en anos anteriores, quere parecerse o máximo á nosa lingua, para iso deseñamos unha festa de rúa, feita para a participación popular que terá como escenario principal a alameda de Marín mais que tamén percorrerá as rúas de Marín con diversos pasarrúas.

A festa que comezará ás 11 da mañá contará coa presenza dos grupos de música Os Chichisos, Son de Marín e as pandeireteiras A Chaneiras que interpretarán diversas pezas da música tradicional galega. Coma en anos anteriores para @s máis pequen@s haberá unha solta de libros cedidos pola editorial Kalandraka, xogos populares e a actuación dun magnifico contacontos pertencente ao grupo de teatro A Esmorga que promete ser un divertido e entretido espectáculo. Durante toda a mañán tamén se proxectarán diversos videos realizados a prol do galego e da súa plena normalización.

Como novidade este ano contaremos tamén coa presenza dunha asociación cultural basca, Bixi Bixi, que nos trae dende Pasaia unha demostración do entroido típico de Euskal Herria.

A partir das 2 da tarde a festa trasládase ao pavillón da Cañota onde antes do último aberto de billarda da tempada na conferencia sur ás 16:30 da tarde, haberá un xantar a base de churrasco, ensaladilla, sobremesa, café e licores ou menú vexetariano cuxo prezo é de 10€ sendo necesario reservar con antelación no teléfono 606 59 53 10 ou ben enviando un correo a a.c.almuinha@gmail.com

maio 04, 2012

A A.C.Almuinha presenta unha queixa ao Valedor do Pobo ante a negativa do Concello de Marín a recibirnos

Dende o pasado 27 de Decembro, a A.C. Almuinha e todas as persoas que a compoñemos estamos a agardar a chamada da Concellería de Cultura. Levamos dende hai case cinco meses procurando información acerca das subvencións culturais 2009. O pasado mes de marzo, coñecimos a través da prensa que se decidira paralizar o expediente e non convocar as axudas correspondentes aos anos 2010 e 2011.
Ante isto, Almuinha solicitou no Rexistro do Concello que se retomase e resolvese o expediente, que informasen acerca de onde se aplicou esa partida orzamentaria e os criterios de adxudicación para as axudas individuais.
Despois de case un mes dende a última solicitude e encontrándonos novamente sen resposta ou pronunciamento algún por parte dalgún membro do goberno local, decidímonos a facer unha queixa formal ao Valedor do Pobo.
Almuinha leva realizando actividades culturais na nosa vila dende a súa creación no 2008 e tan só un ano recibimos axuda algunha por parte do Concello. ESIXIMOS SEXA TRAMITADO O EXPEDIENTE E SE RESOLVAN AS SUBVENCIÓNS CORRESPONDENTES AO ANO 2009.